Usar os servizos de localización
Os servizos de localización permiten ás aplicacións como Mapas e a cámara usar
información de redes Wi-Fi® e móbiles e tamén información do sistema de
posicionamento global (GPS) para determinar a súa localización aproximada. Se non
está nunha liña clara de visión para os satélites GPS, o dispositivo pode determinar a
súa localización mediante a función Wi-Fi®. E se non está no alcance dunha rede Wi-
Fi®, o dispositivo pode determinar a súa localización usando a rede móbil.
Para usar o dispositivo a fin de saber onde está, ten que activar os servizos de
localización.
Activar os servizos de localización
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Localización.
3
Arrastre á dereita o control desprazable que está a carón de
Localización.
4
Pulse
Aceptar dúas veces para confirmar.
Ao habilitar os servizos de localización,
Satélites GPS e Servizo de localización de Google
actívanse de xeito predeterminado. Pode desactivar calquera opción manualmente.
Permitir que as aplicacións de Google accedan á súa localización
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Google > Localización.
3
Arrastre o control desprazable a carón de
Localización á dereita.
4
Pulse
Aceptar dúas veces para confirmar.
Ao habilitar os servizos de localización,
Satélites GPS e Servizo de localización de Google
actívanse de xeito predeterminado. Pode desactivar calquera opción manualmente.
Mellorar a precisión do GPS
A primeira vez que utilice a función GPS no dispositivo, pode tardar entre 5 e 10 minutos
en atopar a súa localización. Para axudar na procura, asegúrese de ter unha visión clara
do ceo. Permaneza quieto e non cubra a antena GPS (a zona marcada na imaxe). Os
sinais do GPS poden atravesar nubes e plástico, pero non poden pasar a través da
maioría de obxectos sólidos, como edificios ou montañas. Se a súa localización non se
atopa despois duns minutos, móvase a outra localización.
104
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.