Sony Xperia E3 - Montaxe

background image

Montaxe

A pantalla ten pegada unha lámina plástica protectora. É necesario que extraia esta

lámina antes de usar a pantalla táctil. Do contrario, é posible que a pantalla táctil non

funcione correctamente.

Para extraer a tapa traseira

Insira a unlla no espazo, tal e como se indica na ilustración, e levante a tapa.

7

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para inserir a tarxeta SIM

Extraia a tapa da batería, despois insira a tarxeta micro SIM na súa rañura cos

contactos dourados cara arriba.

Cómpre usar unha tarxeta micro SIM para que o seu teléfono funcione de xeito correcto.

Algunhas tarxetas SIM de tamaño estándar permítenlle desmontar unha tarxeta micro SIM

integrada. Cando desmonta a tarxeta micro SIM desde unha tarxeta SIM de tamaño estándar,

non pode volvela montar e usala de novo co tamaño estándar. Se non ten unha tarxeta micro

SIM ou a súa tarxeta SIM actual non contén unha tarxeta SIM desmontable, contacte co seu

fornecedor de rede para obter información sobre como obter unha ou sobre como cambiala.

Para retirar a tarxeta micro SIM

1

Desmonte a tapa traseira.

2

Localice a rañura da tarxeta SIM e o clip para deter.

3

Prema o clip do tope coa unlla mentres empuxa cara fóra a tarxeta micro SIM.

4

Extraia completamente a tarxeta SIM da rañura.

Non use un obxecto de punta para sacar a tarxeta da rañura xa que podería danar o

dispositivo.

8

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para inserir unha tarxeta de memoria

1

Extraia a tapa traseira.

2

Insira a tarxeta de memoria coa zona dos contactos dourados orientada cara a

abaixo na rañura para a tarxeta de memoria.

Para extraer a tarxeta de memoria

1

Desactive o dispositivo, ou desmonte a tarxeta de memoria desde

Configuración

>

Almacenamento > Deter a tarxeta SD.

2

Extraia a tapa traseira, entón tire cara fóra da tarxeta de memoria para extraela.

Para colocar a tapa traseira

1

Coloque a tapa traseira sobre a parte posterior do dispositivo, despois prema

cara abaixo nas esquinas inferiores para colocarla no seu lugar.

2

Movéndose desde a parte inferior á superior, prema os laterales da tapa ata que

encaixe no seu lugar.