Cargar o dispositivo
A batería do dispositivo está cargada parcialmente no momento da compra do
dispositivo. Pode seguir usando o dispositivo mentres se está a cargar. Lea máis sobre
a batería e como mellorar o rendemento en
Batería e xestión da enerxía na
páxina 113 .
Para cargar o dispositivo
1
Enchufe o cargador nun enchufe.
2
Enchufe un extremo do cable USB no cargador (ou no porto USB dun
ordenador).
3
Enchufe o outro extremo do cable no porto micro USB do dispositivo, co símbolo
de USB mirando cara arriba. A luz de notificación acéndese ao comezar a cargar.
4
Cando o dispositivo estea completamente cargado, desconecte o cable do
dispositivo tirando del cara a fóra sen torcelo. Asegúrese de non dobrar o
conector.
Se a batería está completamente descargada, poden pasar uns minutos antes que a luz de
notificación se acenda a apareza a icona de carga
.
Estados da luz de notificación da batería
Verde
O nivel de carga da batería é superior ao 90%
Vermello intermitente
A batería está a cargar e o seu nivel de carga é inferior ao 15%
Laranxa
A batería está a cargar e o seu nivel de carga é inferior ao 90%
11
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.