Sony Xperia E3 - Compartir música

background image

Compartir música

Compartir unha canción

1

Abra a pantalla de inicio de Walkman® e logo busque a canción ou o álbum que

desexe compartir.

2

Toque e manteña o título da canción e logo pulse

Compartir.

3

Seleccione unha aplicación da lista e logo siga as instrucións en pantalla.

Tamén pode compartir álbums e listas de reprodución deste mesmo xeito.

Compartir música en Facebook™

A función Música dos amigos recolle ligazóns á música e ó contido relacionado coa

música que vostede o os seus amigos teñen compartido con Facebook™.

Compartir e marcar “Gústame” nunha canción en Facebook™

1

Durante a reprodución dunha canción na aplicación Walkman®, pulse na portada

do álbum.

2

Pulse para que apareza “Gústame” na canción en Facebook™. Se o desexa,

engada un comentario no campo de comentarios.

3

Pulse

Compartir para enviar a canción a Facebook™. Se a canción se recibe

correctamente, obterá unha mensaxe de confirmación de Facebook™.

Xestionar música dos seus amigos en Facebook™

1

Abra a pantalla de inicio de Walkman® e logo pulse

Música de amig. > Recentes.

2

Pulse un elemento co que queira traballar.

3

Xestione o elemento como desexe. Por exemplo, para marcar “Gústame” na

canción, pulse . Para comentar a canción, engada un comentario no campo de

comentarios.

Ver a súa música compartida en Facebook™

1

Abra a pantalla de inicio de Walkman® e logo pulse

Música de amig. > Eu

compartín.

2

Desprácese ata un elemento que desexe abrir e pulse nel. Todos os comentarios

que publicou en Facebook™ sobre o elemento, se ten algún, se amosan.