Sony Xperia E3 - Redes privadas virtuais (VPN)

background image

Redes privadas virtuais (VPN)

Use o seu dispositivo para conectarse a redes privadas virtuais (VPN), que lle permiten

acceder a recursos situados dentro dunha rede local protexida dende unha rede pública.

Por exemplo, as sociedades anónimas e as institucións educativas utilizan comunmente

conexións VPN para usuarios que teñen que acceder a intranets e outros servizos

internos cando están fóra da rede interna, por exemplo, cando están a viaxar.
As conexións VPN poden configurarse de moitos xeitos, dependendo da rede. É posible

que algunhas redes requiran que transfira e instale un certificado de seguridade no seu

dispositivo. Para obter información detallada sobre como configurar unha conexión á

súa rede privada virtual, contacte co administrador de rede da súa compañía ou

organización.

Para engadir unha rede privada virtual (VPN)

1

Localice e pulse

Axustes > Máis... > VPN.

2

Pulse .

3

Seleccione o tipo de VPN que desexa engadir.

4

Introduza os axustes da VPN.

5

Pulse

Gardar.

Para conectarse a unha rede privada virtual (VPN)

1

Localice e pulse

Axustes > Máis... > VPN.

2

Na lista de redes dispoñibles, pulse a VPN á que desexa conectarse.

3

Introduza a información requirida.

4

Pulse

Conectar.

Para desconectarse dunha rede privada virtual

1

Arrastre a barra de estado cara a abaixo.

2

Pulse a notificación da conexión VPN para desactivala.

33

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.