Sony Xperia E3 - Axustes xerais da cámara

background image

Axustes xerais da cámara

Descrición xeral dos axustes do modo de captura

Recoñecemento automático de escena

Optimice os axustes para adaptalos a calquera escena.

Manual

Cambie os axustes da cámara de xeito manual.

Efecto RA

Tire fotos con escenas e personaxes virtuais.

Efecto creativo

Aplique efectos a fotos ou vídeos.

Timeshift burst

Seleccione a mellor foto dunha secuencia de imaxes.

Social live

Transmita vídeo en directo a Facebook™.

Varrido panorámico

Use este axuste para tirar fotos amplas e panorámicas. Simplemente pulse a pantalla e mova a cámara

a un ritmo constante dun lado a outro.

Recoñecemento automático de escena

O modo Recoñecemento automático de escena detecta as condicións de disparo e

axusta automaticamente os parámetros para garantir que tira a mellor foto posible.

Modo manual

Use o modo manual cando desexe configurar manualmente os axustes da cámara para

a toma de fotos e vídeos.

Efecto AR

Pode aplicar efectos AR (realidade aumentada) ás súas fotos e facelas máis divertidas.

Esta configuración permítelle integrar escenas 3D nas súas fotos mentres as toma. Só

seleccione a escena que desexa e axuste a posición no visor.

Efectos creativo

Pode aplicar distintos efectos nas fotos e vídeos. Por exemplo, pode engadir un efecto

de nostalxia para que as fotos semellen máis antigas ou un efecto de bosquexo para

que a imaxe sexa máis divertida.

Timeshift burst

A cámara tira unha secuencia de 31 fotos nun intervalo de dous segundos, un segundo

antes e despois de premer a tecla da cámara. Así, pode volver e buscar a imaxe

perfecta.

Social live

Social live é un modo de disparo da cámara que lle permite transmitir en secuencias

vídeo en directo na súa páxina de Facebook™. Só necesita ter unha conexión activa á

Internet e ter iniciada a sesión en Facebook™. Os vídeos poden ter ata 10 minutos.

Inicio rápido

Use os axustes de Inicio rápido para iniciar a cámara cando a pantalla estea bloqueada.

Xeoetiquetado

Etiquete fotos cos detalles do lugar onde se sacaron.

78

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Captura táctil

Identifique unha zona de enfoque e logo toque a pantalla da cámara co dedo. A foto

tírase en canto levanta o dedo.

Almacenamento de datos

Pode escoller gardar os seus datos tanto nunha tarxeta SD extraíble como no

almacenamento interno do seu dispositivo.

Almacenamento interno

As fotos ou vídeos se gardan na memoria do dispositivo.

Tarxeta SD

As fotos ou vídeos se gardan na tarxeta SD.

Balance de brancos

Esta función axusta o balance de cor segundo as condicións de iluminación. O axuste

do balance de brancos está dispoñible na pantalla da cámara.

Automático

Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.

Incandescente

Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas de luz.

Fluorescente

Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.

Sol

Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.

Nubrado

Axusta o balance de cor para ceos nubrados.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura

Manual.