Axustes da videocámara
Para axustar a configuración da videocámara
1
Active a cámara.
2
Pulse nunha das iconas de configuración que aparece na pantalla.
3
Para amosar todos os axustes, pulse .
4
Seleccione o axuste que queira axustar e faga os seus cambios.
Descrición xeral dos axustes da videocámara
Resolución de vídeo
Axuste a resolución de vídeo para os diferentes formatos.
Full HD
1920×1080(16:9)
Full HD (Full High Definition) con formato 16:9.
HD
1280×720(16:9)
HD (Alta Definición) con formato 16:9.
VGA
640×480(4:3)
VGA con formato 4:3.
QVGA
320×240(4:3)
QVGA con formato 4:3.
MMS
Permite gravar vídeos axeitados para o envío en mensaxes multimedia. O tempo de gravación deste formato
de vídeo está limitado para que o ficheiro de vídeo caiba nunha mensaxe multimedia.
Disparador automático
Co temporizador pode gravar vídeos sen necesidade de suxeitar o dispositivo. Úseo
para gravar vídeos en grupo nos que todo o mundo desexa aparecer. Tamén pode usar
o temporizador para evitar mover a cámara ao gravar vídeos.
Activado (10 s.)
Establécese unha demora de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata que
comeza a gravarse o vídeo.
Activado (2 s.)
81
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Establécese unha demora de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata que
comeza a gravarse o vídeo.
Desactivado
O vídeo comeza a gravarse en canto se pulsa a pantalla da cámara.
Smile Shutter™ (vídeo)
Use a función Smile Shutter™ para determinar con que tipo de sorriso reacciona a
cámara antes de gravar un vídeo.
Modo de enfoque
O axuste do enfoque controla que parte dun vídeo debe aparecer nítida. Cando o
enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o enfoque de
xeito que a área interior do marco de enfoque branco permanece nítida.
Enfoq. autom. puntual
A cámara enfoca de xeito automático o suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está activado.
Detección de caras
A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A
cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa enfocar
pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco amarelo que amosa a
cara que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos de escenas. O
enfoque automático continuo está activado.
Seguimento de obxecto
Cando selecciona un obxecto tocándoo no visor, a cámara ségueo por vostede.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Medición
Esta función determina de xeito automático unha exposición equilibrada ao medir a
cantidade de luz que chegará á imaxe que quere capturar.
Central
Para axustar a exposición no centro do visor.
Compensada
Para calcular a exposición en base á cantidade de luz de todo o visor.
Puntual
Para axustar a exposición nunha pequena parte da imaxe que quere capturar.
Estabilizador de vídeo
Cando se grava un vídeo, pode ser difícil suxeitar o dispositivo con firmeza. O
estabilizador de imaxes axúdalle compensando os movementos leves da man.
Micrófono
Permite seleccionar se desexa recoller o son de arredor durante a gravación de vídeos.
Previsualizar
Pode previsualizar vídeos xusto despois de sacalos.
Activado
A previsualización do vídeo aparece despois de sacalo.
Editar
O vídeo ábrese para a súa edición despois de sacalo.
Desactivado
O vídeo gárdase despois de sacalo e non aparece ningunha previsualización.
82
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.