Axustes da cámara fotográfica
Para axustar a configuración da cámara fixa
1
Active a cámara.
2
Para ver todos os axustes, pulse .
3
Seleccione o axuste que queira definir e logo edíteo como desexe.
Descrición xeral dos axustes da cámara fixa
Resolución
Seleccione entre varias resolucións e formatos antes de tirar unha foto. As fotos cunha
maior resolución ocupan máis memoria.
5MP
2560×1920(4:3)
Resolución de 5 megapíxeles cun formato de 4:3. Axeitada para ver fotos en pantallas que non son anchas
ou para imprimilas en alta resolución.
3.7MP
2560×1440(16:9)
Resolución de 3,7 megapíxeles cun formato de 16:9. Axeitada para ver fotos en pantallas anchas.
2MP
1632×1224(4:3)
Resolución de 2 megapíxeles cun formato de 4:3. Axeitada para ver fotos en pantallas que non son anchas
ou para imprimilas en alta resolución.
2MP
1920×1080(16:9)
79
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Resolución de 2 megapíxeles cun formato de 16:9. Axeitada para ver fotos en pantallas anchas.
VGA
640×480(4:3)
VGA con formato 4:3.
Estes axustes só están dispoñibles no modo de captura
Manual.
Disparador automático
Co temporizador pódense sacar fotos sen necesidade de suxeitar o dispositivo. Use
esta función para facer autorretratos ou fotos de grupo nas que todos desexen saír na
foto. Tamén pode utilizar o disparador automático para evitar mover a cámara ao facer
fotos.
Activado (10 s.)
Establécese unha demora de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata que
se tira a foto.
Activado (2 s.)
Establécese unha demora de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata que
se tira a foto.
Desactivado
A foto tírase en canto se pulsa a pantalla da cámara.
Smile Shutter™
Use a función Smile Shutter™ para determinar con que tipo de sorriso reacciona a
cámara antes de tirar unha foto.
Modo de enfoque
A función de enfoque controla que parte dunha foto debe aparecer nítida. Cando o
enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o enfoque de
xeito que a área interior do marco de enfoque de cor permanece nítida.
Enfoq. autom. puntual
A cámara enfoca de xeito automático o suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está activado.
Toque e manteña na pantalla da cámara ata que o marco amarelo de enfoque se volva azul, o que quere
dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando se levanta o dedo.
Detección de caras
A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A
cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa enfocar
pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco azul que amosa a cara
que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos de escenas. O enfoque
automático continuo está activado.
Enfoque táctil
Toque unha zona concreta da pantalla da cámara para axustar a zona de enfoque. O enfoque automático
continuo está desactivado. Toque e manteña na pantalla da cámara ata que o marco amarelo de enfoque se
volva azul, o que quere dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando se levanta o dedo.
Seguimento de obxecto
Cando selecciona un obxecto tocándoo no visor, a cámara ségueo por vostede.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
HDR
Use o axuste HDR (High-Dynamic Range) para sacar unha foto a contraluz ou en
condicións onde haxa moito contraste. O HDR compensa a perda de detalle e crea
unha imaxe que amosa as zonas escura e brillante.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
80
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Previsualizar
Pode previsualizar fotos ou vídeos mesmo despois de sacalos.
Ilimitado
A previsualización da foto ou do vídeo aparece despois de sacalo.
5 segundos
A previsualización da foto ou do vídeo aparece durante 5 segundos despois de sacalo.
3 segundos
A previsualización da foto ou do vídeo aparece durante 3 segundos despois de sacalo.
Editar
A foto ou o vídeo ábrese para a súa edición despois de sacalo.
Desactivado
A foto ou o vídeo gárdase despois de sacalo e non aparece ningunha previsualización.
Rexistro de caras
Pode rexistrar caras coa aplicación Cámara para que o visor focalice automaticamente
esas caras cando aparecen no visor.