Protección da tarxeta SIM
Pode bloquear e desbloquear cada tarxeta SIM que utilice no seu dispositivo cun PIN
(número de identificación persoal). Cando unha tarxeta SIM está bloqueada, a
subscrición ligada á tarxeta está protexida contra uso indebido, o que significa que ten
que introducir o PIN cada vez que inicie o seu dispositivo.
Se insire o PIN de xeito incorrecto superando o número máximo permitido de intentos,
bloquearase a súa tarxeta SIM. Logo terá que introducir o seu PUK (código de
desbloqueo persoal) e un novo PIN. O PIN e o PUK son fornecidos polo operador de
rede.
Para bloquear ou desbloquear unha tarxeta SIM
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Seguridade > Configurar o bloqueo da tarxeta
SIM.
3
Marque ou desmarque a caixa de verificación
Bloquear a tarxeta SIM.
4
Introduza o PIN da tarxeta SIM e pulse
Aceptar.
Para cambiar o PIN da tarxeta SIM
1
Localice e pulse
Configuración > Seguridade > Configurar o bloqueo da tarxeta
SIM.
2
Pulse
Cambiar o PIN da SIM.
3
Insira o PIN antigo da tarxeta SIM e pulse
Aceptar.
4
Insira o novo PIN da tarxeta SIM e pulse
Aceptar.
5
Volva escribir o novo PIN da tarxeta SIM e pulse
Aceptar.
Para desbloquear unha tarxeta SIM bloqueada usando o código PUK
1
Introduza o código PUK e pulse
.
2
Introduza un novo código PIN e pulse
.
3
Volva introducir o código PIN novo e pulse
.
Se introduce un código PUK incorrecto demasiadas veces, terá que contactar co seu
operador de rede para obter unha tarxeta SIM nova.