Memoria e almacenamento
O dispositivo ten distintos tipos de memoria e posibilidades de almacenamento de fotos,
aplicacións e outros ficheiros:
•
O almacenamento interno ten preto de
1.7 GB e utilízase para almacenar o contido
descargado ou transferido xunto con datos e axustes persoais. Algúns exemplos son os
axustes de volume e de idioma, alarma, correos electrónicos, marcadores, contactos,
eventos de calendario, fotos, vídeos e música.
•
Pode utilizar unha tarxeta de memoria extraíble de ata
32 GB para obter máis espazo de
almacenamento. A maioría das aplicacións poden ler datos dunha tarxeta de memoria,
pero só algunhas aplicacións poden gardar ficheiros neste tipo de memoria. Por
exemplo, pode establecer a aplicación de cámara para gardar fotos directamente na
tarxeta de memoria.
•
A memoria dinámica (RAM) ten preto de
1 GB e non se pode utilizar para
almacenamento. A RAM emprégase para xestionar a execución de aplicacións e o
sistema operativo.
É posible que precise mercar unha tarxeta de memoria por separado.
115
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Obteña máis información sobre o uso de memoria en dispositivos Android descargando
a documentación para o seu dispositivo en
www.sonymobile.com/support.
Mellorar o rendemento da batería
A memoria do teléfono tende a encherse como resultado do uso normal. Se o
dispositivo comeza a diminuír a velocidade ou as aplicacións desactívanse de súpeto,
ten que considerar o seguinte:
•
Sempre ter máis de
100 MB de almacenamento interno libre e máis de 100 MB de RAM
libre.
•
Pechar as aplicacións lentas que non utilice.
•
Borrar a memoria caché de todas as aplicacións.
•
Desinstalar as aplicacións descargadas que non utiliza.
•
Transferir fotos, vídeos e música da memoria interna á tarxeta de memoria.
•
Se o dispositivo non pode ler o contido da tarxeta de memoria, é posible que teña que
formatalo.
Para ver o estado da memoria
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Almacenamento.
Para ver a cantidade de memoria RAM libre e usada
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Aplicacións > En execución.
Para borrar a memoria caché de todas as aplicacións
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Almacenamento.
3
Pulse
Datos almacenados na caché > Aceptar.
Ao borrar a memoria caché, non perde ningunha información nin axustes importantes.
Para transferir ficheiros multimedia á tarxeta de memoria
1
Asegúrese de ter unha tarxeta de memoria inserida no dispositivo.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Configuración > Almacenamento > Transferir datos á tarxeta
SD.
4
Marque os tipos de ficheiro que desexe transferir á tarxeta de memoria.
5
Pulse
Transferir.
Para parar a execución de aplicacións e servizos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Aplicacións > En execución.
3
Seleccione unha aplicación ou servizo e logo pulse
Deter.
Formatar a tarxeta de memoria
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Almacenamento > Borrar tarxeta SD.
3
Para confirmar, pulse
Borrar tarxeta SD > Borrar todo
Ao formatar a tarxeta de memoria elimínase todo o contido dela. Asegúrese de facer copias de
seguridade de todos os datos que desexe gardar antes de formatar a tarxeta de memoria.
Para efectuar unha copia de seguridade do contido, pode copiar ese contido nun ordenador.
Para máis información, consulte