Información legal
Sony D2202/D2203/D2206
Esta Guía do usuario está publicada por Sony Mobile Communications Inc. ou a súa empresa local asociada e non
ofrece ningún tipo de garantía. Sony Mobile Communications Inc. pode levar a cabo melloras e cambios nesta guía
do usuario en calquera momento e sen previo aviso debido a erros tipográficos, inexactitudes na información
presentada ou melloras nos programas ou equipos. Non obstante, os cambios serán incorporados en novas
edicións desta guía do usuario. As ilustracións que figuran no manual só serven para ilustrar o modelo e pode que
non describan con precisión o aspecto real do dispositivo.
Todos os nomes de produtos e empresas aquí mencionados son marcas comerciais ou marcas comerciais
rexistradas dos seus respectivos propietarios. O resto das marcas comerciais pertencen aos seus respectivos
propietarios. Os dereitos non concedidos de xeito expreso neste manual están reservados. Visite
www.sonymobile.com/us/legal/ para obter máis información.
Esta guía do usuario pode facer referencia a aplicacións ou servizos fornecidos por terceiras partes. O uso deses
programas ou servizos pode requirir un rexistro independente co provedor que constitúe a terceira parte e pode
estar suxeito a termos de uso adicionais. Con relación ás aplicacións ás que se accede directamente nunha páxina
web de terceiros ou por medio dela, consulte previamente os termos de uso e a política de privacidade do sitio
web en cuestión. Sony non garante a dispoñibilidade nin o funcionamento de ningún sitio web de terceiros nin dos
servizos fornecidos.
O seu dispositivo móbil ten a capacidade de descargar, almacenar e reenviar contido adicional como, por
exemplo, tons de chamada. O uso dese contido pode estar restrinxido ou prohibido por dereitos de terceiras
partes, incluída, pero sen limitarse a ela, a restrición de acordo coas leis de dereitos de autor aplicables. Vostede, e
non Sony, será o responsable do contido adicional descargado ou reenviado desde o seu dispositivo móbil. Antes
de utilizar calquera contido adicional, verifique que o uso que ten previsto darlle está autorizado ou que dispón de
licenza para este. Sony non garante a precisión, integridade ou calidade do contido adicional ou de terceiros. Sony
non se fará responsable baixo ningunha circunstancia do uso non axeitado de contido adicional ou de terceiros.
Visite
www.sonymobile.com para obter máis información.
Este produto está protexido por determinados dereitos de propiedade intelectual de Microsoft. Queda prohibido o
uso ou distribución da mencionada tecnoloxía fóra deste produto sen licenza previa por parte de Microsoft.
Os propietarios do contido utilizan a tecnoloxía de xestión de dereitos dixitais de Windows Media (WMDRM) para
protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza software WMDRM para
acceder a contido protexido mediante WMDRM. Se o software WMDRM non logra protexer o contido, os
propietarios do contido poden pedirlle a Microsoft que revogue a capacidade do software para utilizar WMDRM
para reproducir ou copiar contido protexido. A revogación non afecta a contido non protexido. Cando descarga
licenzas do contido protexido, acepta que Microsoft pode incluír unha lista de revogacións coas licenzas. É posible
que os propietarios do contido requiran que actualice o WMDRM para acceder ao seu contido. Se rexeita unha
actualización, non poderá acceder ao contido que require a actualización.
Este produto autorízase baixo as licenzas da carteira de patentes MPEG-4 visual e AVC para uso persoal e non
comercial dun consumidor para (i) codificar vídeo de acordo co estándar visual MPEG-4 ("vídeo MPEG-4") ou o
estándar AVC ("vídeo AVC") ou (ii) descodificar vídeo de formato MPEG- 4 ou AVC codificado por un consumidor
nunha actividade persoal e non comercial ou que se obtivo dun fornecedor de vídeos con licenza de MPEG LA
para fornecer vídeo MPEG-4 ou AVC. Non se concede ningunha licenza nin debe interpretarse implícita para
calquera outro uso. Pódese obter información adicional, incluída a relacionada con usos promocionais, internos,
comerciais e de licenza, de MPEG LA, L.L.C. Visite
www.mpegla.com. Tecnoloxía de descodificación de son
MPEG Layer-3 con licenza de Fraunhofer IIS e Thomson.
SONY MOBILE NON SERÁ RESPONSABLE DE NINGUNHA PERDA, BORRADO OU SOBRESCRITURA DE
DATOS PERSOAIS OU FICHEIROS GARDADOS NO SEU TELÉFONO (INCLUÍDO, ENTRE OUTROS,
CONTACTOS, PISTAS DE MÚSICA E IMAXES) QUE POIDA PRODUCIRSE POLA ACTUALIZACIÓN DO SEU
DISPOSITIVO MEDIANTE CALQUERA DOS MÉTODOS DESCRITOS NESTA GUÍA DO USUARIO OU
DOCUMENTACIÓN. EN NINGÚN CASO A RESPONSABILIDADE TOTAL DE SONY MOBILE OU DOS SEUS
FORNECEDORES CARA A VOSTEDE POR CALQUERA OU TODOS OS DANOS, PERDAS E CAUSAS DE
ACCIÓN (XA SEXA BAIXO CONTRATO OU AGRAVIO, O QUE INCLÚE, ENTRE OUTROS, A NEGLIXENCIA DE
CALQUERA TIPO) EXCEDERÁ A CANTIDADE PAGADA POR VOSTEDE POLO DISPOSITIVO.
© Sony Mobile Communications Inc., 2014.
Todos os dereitos reservados.
121
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.