Batería e xestión da enerxía
O seu dispositivo ten unha batería incorporada. Pode seguir a pista do consumo da
batería e ver as aplicacións que precisan máis dela. Tamén pode ver unha estimación do
tempo que lle resta ata que se esgote. O tempo de batería aproximado está baseado no
seu patrón de uso máis recente.
Para facer que a súa batería dure máis, pode usar un ou máis modos de aforro de
batería, entre os que se inclúen o modo STAMINA, o modo de batería baixa, Wi-Fi®
baseado na ubicación e modo de datos nun segundo plano en cola. Cada modo
funciona dun xeito diferente e controla varias funcións de consumo de enerxía do seu
dispositivo.
113
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para ver que aplicacións usan máis batería
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía > Uso da batería.
Para ver o tempo de batería estimado
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía.
Aumento da duración da batería co modo STAMINA
Use o modo STAMINA para aumentar automaticamente a duración da batería cando
esta chegue a un determinado nivel de carga. A característica de modo de espera
ampliado recoñece se a pantalla non está activa e pode desactivar automaticamente o
Wi-Fi® e os datos móbiles. A maioría de aplicacións deixan entón de estaren activas.
Cando a pantalla se volve activar, o dispositivo comeza a funcionar normalmente e
retómanse todas as características que estaban desactivadas. Se o desexa, pode
excluír algunhas aplicacións e servizos do modo STAMINA.
O modo STAMINA tamén ten unha característica que restrinxe o rendemento do
hardware mentres se usa o dispositivo coa finalidade de aforrar aínda máis enerxía.
Aínda que se active esta característica, o dispositivo pode funcionar de xeito normal.
Activar o modo STAMINA
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía.
3
Arrastre cara a dereita o control desprazable situado a carón de
Modo STAMINA
e despois, en caso de que llo pidan, pulse
Activar. aparece na barra de estado
cando a batería chega a un nivel establecido.
Elixir cando activar o modo STAMINA
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía > Modo STAMINA > Activación.
3
Arrastre o control desprazable para axustar o nivel de batería no que quere activar
o modo STAMINA.
4
Pulse
Aceptar.
aparece na barra de estado cando a batería chega ao nivel definido.
Para activar o modo de espera ampliado
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía, e despois Modo STAMINA.
3
Marque a caixa de verificación
Modo en espera ampliado se aínda non o está e
despois, en caso necesario, pulse
Activar.
Seleccionar as aplicacións que se executan en modo STAMINA
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía, e despois Modo STAMINA.
3
Asegúrese de que a caixa de verificación
Modo en espera ampliado estea
marcada e despois pulse
Aplicacións activas en espera > Engadir aplicacións.
4
Desprácese cara a esquerda ou dereita para engadir ou quitar as aplicacións e
servizos desexados.
5
Cando remate, pulse
Listo.
Restrinxir o rendemento de hardware
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía, e despois Modo STAMINA.
3
Marque a caixa de verificación
Uso ampliado e logo pulse Activar, en caso
necesario.
Se nota unha forte redución do rendemento ao activar esta función, desmarque a caixa de
verificación
Uso ampliado para desactivala.
114
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Mellorar o tempo da batería usando o modo batería baixa
Use a característica
Modo de batería baixa para iniciar de xeito automático o aforro de
enerxía cando a bagtería chega a determinado nivel de carga. Pode establecer e
reaxustar este nivel de carga como desexe. Tamén pode decidir que funcións manter
activas, por exemplo, tráfico de datos móbiles, Wi-Fi® ou sincronización automática.
Activar o modo de batería baixa
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía.
3
Arrastre á dereita o control desprazable que está a carón de
Modo de batería
baixa.
4
En caso necesario, pulse
Activar. aparece na barra de estado cando a batería
alcanza o nivel de carga que definira.
Cambiar a configuración para o modo de batería baixa
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía.
3
Asegúrese de que
Modo de batería baixa estea activado e despois pulse Modo
de batería baixa.
4
Cambie os axustes para, por exemplo, reaxustar o nivel de batería.
Mellorar o tempo da batería usando Wi-Fi® baseado na ubicación
A característica
Ubicac. bas. en Wi-Fi establece o seu dispositivo para que só active a
función Wi-Fi® cando entra no alcance dunha rede Wi-Fi® gardada. Deste xeito, pode
aforrar batería pero aínda pode ter a comodidade de conexións Wi-Fi® automáticas.
Para activar a característica de Wi-Fi® baseado na ubicación
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía.
3
Arrastre el control desprazable a carón de
Ubicac. bas. en Wi-Fi cara á dereita.
Aumentar a duración da batería poñendo na cola os datos de fondo
O rendemento da batería pódese mellorar se axusta o dispositivo para que envíe datos
de fondo a intervalos predefinidos cando non os estea a usar, é dicir, cando a pantalla
non estea activa.
Para permitir poner en cola datos nun segundo plano
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Xestión de enerxía.
3
Marque a caixa de verificación á carón de
Pór en cola datos de fondo.