Tomar unha captura de pantalla
Pode capturar imaxes fixas de calquera pantalla no seu dispositivo cunha captura de
pantalla. As capturas de pantalla que tome gárdanse de xeito automático no Álbum.
Facer unha captura de pantalla
1
Manteña premida a tecla de acendido ata que apareza unha ventá de solicitude.
2
Pulse .
Tamén pode facer a captura de pantalla se preme á vez a tecla de acendido e a tecla de
redución de volume ata que escoite un clic.
Ver capturas de pantalla
•
Arrastre a barra de estado cara abaixo e toque para ver a captura de pantalla.
Tamén pode ver a captura de pantalla se pulsa a aplicación Álbum desde a Pantalla de inicio.