Sacudir o dispositivo para abrir unha aplicación
O dispositivo pódese configurar para que, ao sacudilo, se abra unha aplicación
seleccionada. Pode usar esta función de inicio rápido cunha aplicación que necesite
usar a miúdo ou de xeito rápido como, por exemplo, o marcador do teléfono ou un
servizo de rede social.
Usar a función de inicio rápido
1
Manteña premida a tecla de acendido e despois sacuda o dispositivo.
2
Cando se abra a aplicación seleccionada previamente, solte a tecla de acendido.
Configurar a función de inicio rápido
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Personalización > Movemento > Axite para
iniciar app.
3
Seleccione unha aplicación e logo pulse
Feito.