Pantalla de inicio
A Pantalla de inicio é o punto de inicio para usar o dispositivo. É semellante ao escritorio
nunha pantalla de ordenador. A súa pantalla de inicio pode ter ata sete paneis, que se
estenden máis alá do ancho da pantalla normal. O número de paneis da pantalla de
inicio está representado por unha serie de puntos na parte superior da pantalla de inicio.
O punto resaltado amosa o panel no que se atopa actualmente.
Para ir á pantalla de inicio
•
Prema .
Para navegar pola pantalla de inicio
Paneis da pantalla de inicio
Pode engadir novos paneis á pantalla de inicio (ata un máximo de sete paneis) e eliminar
paneis. Tamén pode establecer o panel que quere usar como o panel principal da
pantalla de inicio.
Establecer un panel como panel principal da pantalla de inicio
1
Toque e manteña unha zona baleira na súa Pantalla de inicio ata que o dispositivo
vibre.
2
Toque lixeiramente á esquerda ou á dereita para navegar cara ó panel que quere
establecer como panel principal da pantalla de inicio, logo pulse na esquina
superior do panel.
15
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para engadir un panel á súa pantalla de inicio
1
Toque e manteña unha zona baleira na súa Pantalla de inicio ata que o dispositivo
vibre.
2
Toque lixeiramente cara á esquerda ou á dereita para navegar polos paneis, entón
pulse .
Para eliminar un panel da pantalla de inicio
1
Toque e manteña nun área baleira da súa Pantalla de inicio ata que o dispositivo
vibre.
2
Toque lixeiramente á esquerda ou á dereita para navegar cara ó panel que quere
eliminar, logo pulse .