Sony Xperia E3 - Pantalla de aplicacións

background image

Pantalla de aplicacións

A pantalla de aplicacións, que pode abrir desde a pantalla de inicio, contén as

aplicacións instaladas previamente no seu dispositivo ademais das aplicacións que

descarga.

Para ver todas as aplicacións na pantalla de aplicacións

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Toque lixeiramente cara á dereita ou á esquerda na pantalla de aplicacións.

Para abrir unha aplicación na pantalla de aplicacións

Toque lixeiramente para localizar a aplicación e logo pulse a aplicación.

Para abrir o menú da pantalla de aplicacións

Cando a pantalla de aplicacións estea aberta, arrastre o bordo esquerdo da

pantalla de aplicacións á dereita.

Para mover unha aplicación na pantalla de aplicacións

1

Para abrir o menú na pantalla de aplicacións, arrastre o bordo esquerdo da

pantalla de aplicacións á dereita.

2

Asegúrese de que

Personalizado estea seleccionado en AMOSAR

APLICACIÓNS.

3

Toque e manteña a aplicación ata que aumente e o dispositivo vibre e logo

arrástrea ata a nova localización.

Para engadir un acceso directo a unha aplicación á pantalla de inicio

1

Na pantalla de aplicacións, toque e manteña nunha icona da aplicación ata que a

pantalla vibre, logo arrastre a icona á parte superior da pantalla. A pantalla de

inicio ábrese.

2

Arrastre a icona á localización desexada na pantalla de inicio e logo solte o dedo.

16

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para organizar as súas aplicacións na pantalla de aplicacións

1

Para abrir o menú na pantalla de aplicacións, arrastre o bordo esquerdo da

pantalla de aplicacións á dereita.

2

Seleccione a opción desexada en

AMOSAR APLICACIÓNS.

Para procurar unha aplicación desde a pantalla de aplicacións

1

Para abrir o menú na pantalla de aplicacións, arrastre o bordo esquerdo da

pantalla de aplicacións á dereita.

2

Pulse

Buscar aplicacións.

3

Introduza o nome da aplicación que desexe procurar.

Para desinstalar unha aplicación desde a pantalla de aplicacións

1

Para abrir o menú na pantalla de aplicacións, arrastre o bordo esquerdo da

pantalla de aplicacións á dereita.

2

Pulse

Desinstalar. Todas as aplicacións que non se poden desinstalar indícanse

con .

3

Pulse na aplicación que desexe desinstalar e logo pulse

Desinstalar.