Sony Xperia E3 - Aplicacións de navegación

background image

Aplicacións de navegación

Pode navegar entre aplicacións coas teclas de navegación, a barra de favoritos, a

característica de aplicacións de inicio rápido e a ventá de aplicacións usadas

recentemente, que lle permite alternar facilmente entre todas as aplicacións usadas

recentemente. Algunhas aplicacións péchanse ao premer para saír, mentres que

outras aplicacións continúan a executarse nun segundo plano ou están en pausa. Se a

aplicación está en pausa ou se está a executar en segundo plano, pode seguir onde a

deixou a próxima vez que abra a aplicación.

1

Ventá de aplicacións usadas recentemente: abrir unha aplicación usada recentemente

2

Barra de favoritos: abrir un acceso directo de aplicacións ou widgets

3

Tecla de navegación Tarefa: abrir a ventá de aplicacións usadas recentemente e a barra de aplicacións

en pequeno

4

Tecla de navegación Inicio: saír dunha aplicación e volver á pantalla de inicio

5

Tecla de navegación Atrás: volver á pantalla anterior dentro dunha aplicación ou pechar a aplicación

Para abrir a ventá de aplicacións usadas recentemente

Prema .

17

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para pechar todas as aplicacións usadas recentemente

Pulse e despois pulse

Pechar todo.

Para abrir un menú nunha aplicación

Mentres utilice a aplicación, prema .

Un menú non está dispoñible en todas as aplicacións.